Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8815

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (223/2014).

Ord. procedemento ordinario 223/2014 sección P

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Miguel Pato Fernández

Procurador: Andrés Tabares Pérez-Piñeiro

Avogado: Iago Tabares Pérez Piñeiro

Demandado: Manuel Márquez Crespo

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, fago saber que neste órgano xudicial séguense autos de procedemento ordinario 223/2014, seguidos por instancia de Miguel Pato Fernández, fronte a Manuel Márquez Crespo, sobre reclamación de cantidade, en cuxos autos se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva, din así:

Sentenza. En Ourense, 9 de febreiro de 2015.

Darío-Carpio Estévez Pérez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, dictou a presente setenza no procedemento civil ordinario 223/2014, no que é parte demandante Miguel Pato Fernández representado polo procurador Sr. Tabarés e asistencia do letrado Sr. Tabarés, fronte a Manuel Márquez Crespo, en situación procesual de rebeldía ao non comparecer a xuízo, cos seguintes,

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda presentada polo procurador Sr. Tabarés, en nome e representación de Miguel Pato Fernández, fronte a Manuel Márquez Crespo, e na devandita razón, procede a condena do demandado a que aboe ao demandante a cantidade de 6.300 € á que son de aplicación os xuros legais do modo xa exposto.

En canto a custas estese ao acordado igualmente no apartado correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense nos termos previstos na LAC na súa nova redacción.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncio, mando e asino. E/. Darío Carpio Estévez Pérez. Asinado e rubricado.

E, non sendo coñecido o domicilio do demandado Manuel Márquez Crespo, en situación de rebeldía procesual, en virtude do establecido nos artigos 496 e 497 da LAC, notifícaselle a dita resolución por medio do presente edicto que se fixará no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 4 de abril de 2015

A letrada da Administración de xustiza