Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8819

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (220/2012).

María Patiño Junquera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 4 de Betanzos, polo presente,

Anuncio:

Que no presente procedemento, seguido por instancia de José Antonio Jiménez Pardo fronte a Covein Truckus, S.L., foi ditada sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza:

Betanzos, 9 de xuño de 2015.

Vistos por min, Emma Mourenza Couto, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, os presentes autos de xuízo verbal co número 220/2012, seguidos por instancia de José Antonio Jiménez Pardo, representado polo procurador Sr. Pedreira del Río e baixo a dirección letrada da Sra. Monteagudo López, contra Covein Trucks, S.L., en situación procesual de rebeldía.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda formulada pola representación procesual de José Antonio Jiménez Pardo fronte a Covein Trucks, S.L., e condeno a esta última a aboar ao demandante a cantidade de 2.000 euros, así como as custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que é firme e que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acordo, mando e asino.

E encontrándose o devandito demandado, Covein Trucks, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 13 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza