Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8820

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (500/2015).

María Patiño Junquera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Betanzos, polo presente,

Anuncio.

Que no presente procedemento, seguido por instancia de Julia Elizabeth Acevedo Vieira, fronte a Rafael Cancelo Sánchez, foi ditada sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

En Betanzos o 8 de novembro de 2016.

Vistos por min, Emma Mourenza Couto, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos e o seu partido xudicial, os presentes autos de divorcio, co número 500/2015, seguidos por instancia de Julia Elisabeth Acevedo Vieira, representada pola procuradora Sra. Guerra Fraga e baixo a dirección letrada do Sr. Pazos González, contra Rafael Cancelo Sánchez, en situación procesual de rebeldía.

Resolvo:

Que estimando a demanda presentada pola procuradora Sra. Guerra Fraga, en nome e representación de Julia Elisabeth Acevedo Vieira, debo acordar e acordo a disolución por divorcio do matrimonio formado por Julia Elisabeth Acevedo Vieira e Rafael Cancelo Sánchez, cos pronunciamentos legais que lle son inherentes, todo isto sen efectuar expreso pronunciamento acerca das custas procesuais.

En canto sexa firme esta resolución, remítase testemuño dela ao encargado do Rexistro Civil competente, co fin de que se practique a correspondente inscrición marxinal no asento de inscrición do matrimonio.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de 20 días, contados a partir de que aquela tivese lugar, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña. Para iso será necesario que ingrese na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así, por esta miña sentenza, da que se levará testemuño ás actuacións orixinais, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o devandito demandado, Rafael Cancelo Sánchez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 13 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza