Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 7932

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 30 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a autorización do centro privado San Miguel 2, de Vigo (Pontevedra).

O representante da titularidade do centro privado San Miguel 2, de Vigo (Pontevedra), solicita a autorización para impartir o ciclo formativo de formación profesional básica en Informática e comunicacións.

Logo da tramitación do expediente, de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o ciclo formativo de formación profesional básica en Informática e comunicacións, no centro privado que se sinala:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: San Miguel, 2.

Código: 36011211.

Enderezo: r/ Tomás A. Alonso, 13.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Código postal: 36208.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Colegio San Miguel, S.L.

Composición resultante:

a) Educación infantil: 3 unidades.

b) Educación primaria: 6 unidades.

c) Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

d) Bacharelato: 6 unidades, das modalidades de Ciencias, Humanidades e Ciencias sociais, e a de Artes.

e) Formación profesional:

• Ciclo formativo de formación profesional básica en Informática e comunicacións (2 unidades para 20 alumnos/as unidade).

• Ciclo formativo de grao superior en Administración e finanzas (2 unidades para 30 alumnos/as unidade).

• Ciclo formativo de grao superior en Desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades para 30 alumnos/as unidade).

Quenda tarde-noite:

• Ciclo formativo de grao superior en Desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades para 30 alumnos/as unidade).

• Educación para persoas adultas na modalidade presencial: 6 unidades de bacharelato das modalidades de Ciencias, Humanidades e Ciencias sociais, e a de Artes.

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria