Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 7935

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 1 de febreiro de 2017 pola que se extingue a autorización do centro privado de educación especial Esclavas de la Virgen Dolorosa, de Mos (Pontevedra), por cesamento de actividades docentes.

A titularidade do centro privado de educación especial Esclavas de la Virgen Dolorosa, de Mos (Pontevedra), solicita a extinción da autorización por cesamento de actividades. Por Orden do 22 de xaneiro de 1999 autorizouse a súa apertura e funcionamento para 3 unidades de educación especial.

O expediente tramítase de conformidade co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Extinguir, de conformidade co artigo 17.1 do Decreto 133/1995, por cesamento nas súas actividades docentes, por instancia da titularidade do centro, a autorización das ensinanzas autorizadas no centro privado de educación especial Esclavas de la Virgen Dolorosa, de Mos, código do centro 36024008.

Segundo. A presente extinción da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria