Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7888

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO da contratación do servizo de limpeza de inmobles municipais.

Faise público que mediante Decreto da Alcaldía 2017-0036, do 20 de xaneiro de 2017, se aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá na contratación mediante procedemento aberto cun único criterio de adxudicación, do servizo de limpeza de inmobles municipais.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Cervo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría/Intervención.

c) Domicilio: praza do Concello, s/n.

d) Localidade e código postal: 27891 Cervo (Lugo).

e) Teléfono: 982 55 77 77.

f) Fax: 982 55 77 29.

g) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellodecervo.com.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición: o obxecto do contrato é a realización do servizo de limpeza de inmobles municipais e, concretamente, dos inmobles que se citan a continuación:

– Casa do concello.

– Edificio do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES).

– Escola infantil de Cervo.

– Centro cultural e de servizos á cidadanía de Cervo.

– Piscina municipal de Lieiro.

– Colexio Cervo 1 (Galdín-San Cibrao).

– Colexio Cervo e anexos.

c) Duración do contrato: a duración do contrato será dun ano con efectos desde o día seguinte ao da sinatura do contrato, e poderá ser prorrogado polo Concello por outro ano máis.

d) CPV: 90911200-8 e 90919000-2.

e) NUTS: ES112.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

Prezo (100 puntos sobre 100).

4. Valor estimado e prezo do contrato:

O prezo total do contrato ascende á contía de cento vinte mil euros (120.000 €), desagregado nunha base impoñible de 99.173,55 € máis 20.826,45 de IVE.

O valor estimado do contrato, tendo en conta a posibilidade dunha prórroga, ascende á contía de 198.347,10 € (IVE excluído) polo ano de duración do contrato máis un ano de prórroga.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 por 100 do importe de adxudicación, sen incluír o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non será necesaria a clasificación pero enténdese que están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a obtención previa da seguinte clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría 1.

b) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: a exixida no prego de cláusulas administrativas (cláusula 14).

7. Presentación de ofertas:

a) Prazo: quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo, no DOG e no perfil do contratante.

Para o cómputo do prazo de presentación de proposicións, no suposto en que non coincida a data do anuncio no BOP, DOG ou perfil do contratante, contarase a partir do día seguinte ao da publicación do último anuncio.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Concello de Cervo, das 9.00 ás 14.00 horas (de luns a venres), ou enviadas por correo. Se o último día do prazo de presentación das proposicións coincide en sábado, domingo ou festivo, o prazo terminará o primeiro día hábil seguinte.

2º. Domicilio: praza do Concello, s/n.

3º. Localidade e código postal: 27891 Cervo (Lugo).

4º. Fax: 982 55 77 29.

c) Modalidade de presentación: no Rexistro Xeral do Concello de Cervo. No caso de envío por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da proposición mediante comunicación telegráfica, fax ou telefax o mesmo día da presentación. Sen a concorrencia de ambos os dous requisitos non será admitida a proposta.

8. Gastos de publicidade: serán por conta do contratista adxudicatario.

Cervo, 25 de xaneiro de 2017

Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde