Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7884

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2017 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de telefonía fixa (expediente 302/17).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio da Xerencia-servicios centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: alabel@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 302/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de telefonía fixa da Universidade de Vigo.

c) Lugar de execución/entrega:

• Enderezo: Campus de Vigo.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Prazo de execución: 4 anos a partir do día 1.11.2017 ou desde o día seguinte ao da sinatura do contrato, se é posterior a esa data; con independencia do momento en que se remate a migración de liñas, para o cal dispón dun máximo de 90 días naturais desde o día seguinte ao da sinatura do contrato. O contrato será prorrogable por períodos anuais ata un máximo de dous anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 64210000-1 servizos telefónicos e de transmisión de datos.

g) CPA: 61 servizos de telecomunicacións.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: 247.500.

5. Importe de licitación: 165.000 €, IVE: 34.650 €.

6. Garantías exixidas.

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

• Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican respectivamente nos números 11 e 12 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio da Xerencia, servizos centrais, planta baixa, praza de Erasmo s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas da Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio da Xerencia, servizos centrais, 2ª andar, praza de Erasmo s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente: 1.300 euros.

Vigo, 8 de febreiro de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 7.5.2014, DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo