Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7892

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de información pública sobre unha actividade suxeita ao procedemento de avaliación ambiental.

Finalidade da licenza de actividade: establecemento dedicado a taller de chapa e pintura.

Clasificación do solo: urbano normativa Plan parcial de Xarás.

Situación: polígono de Xarás, parcela nº 45.

Solicitante: David Paz Millet.

Autor do proxecto: enxeñeiro técnico industrial Juan Ramón Barreiro Carreño.

Proxecto: proxecto de instalación para un taller de chapa e pintura visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña do 6 de setembro de 2011, número visado 2435/11, redactado por Juan Ramón Barreiro Carreño.

David Paz Millet solicitou desta alcaldía licenza municipal para exercer a actividade de taller de chapa e pintura no local sito no polígono de Xarás, parcela 45, Ribeira. Sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Ribeira, 8 de novembro de 2016

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde