Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7864

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 6 de febreiro de 2017, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante visita da Inspección da Área Provincial de Turismo de Ourense comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foron autorizados no seu día.

Ao considerar que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos para que no prazo de quince (15) días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes e poidan examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial de Turismo de Ourense.

Ourense, 6 de febreiro de 2017

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento: Café Bar A Tixola.

Titular: Antonio Gonzalves Fernandes.

Enderezo: rúa Velázquez, 14.

Concello: Ourense.

Establecemento: Restaurante Bande.

Titular: José Rodríguez Veloso.

Enderezo: rúa Reza, 1.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café Bar Fakir.

Titular: Bernardo Álvarez Fernández.

Enderezo: rúa San Francisco, 20.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café Bar Castro Deza.

Titular: José María González Acevedo.

Enderezo: rúa Ervedelo, 11.

Concello: Ourense.

Establecemento: Cafe Bar Adega do Pancho

Titular: Ana Isabel Boo Outomuro.

Enderezo: rúa Moratín, 3.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café Bar Farol da Barra.

Titular: Fabia y Jorge, S.C.

Enderezo: rúa Velázquez, 3.

Concello: Ourense.

Establecemento: Cafe Bar Agarimo.

Titular: Lecasbe, S.L.

Enderezo: rúa Progreso, 151.

Concello: Ourense.

Establecemento: Restaurante Agarimo.

Titular: Lecasbe, S.L.

Enderezo: rúa Progreso, 151.

Concello: Ourense.