Como consecuencia da corrección de erros no prego de prescricións técnicas para a referida contratación, anunciada mediante a Resolución do 2 de xaneiro de 2017 (data de envío ao DOUE), e publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2017, procédese a:
Primeiro. Facer público o contido da corrección de erros no seguinte enderezo:
http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=94019
Segundo. Esta corrección afecta ao prazo de presentación de ofertas recollido no punto 8 da dita resolución.
Data do envío do anuncio de información adicional ou rectificador ao Diario Oficial da Unión Europea: 10.2.2017.
A data límite de obtención de documentación e información e da presentación de ofertas remata o 22 de marzo de 2017.
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2017
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia