Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de febreiro de 2017 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/45/2016-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

A dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 23 de decembro de 2016, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo rústico consistentes na execución dunha soleira de formigón, na instalación dunha casa prefabricada marca Willerby, tipo mobil home (que conta con escaleiras na porta de acceso, con tubaxes das instalacións na parte inferior, con cheminea e con saída de gases na cuberta); na instalación dunha caseta prefabricada tipo xardín, auxiliar da casa prefabricada; na instalación dunha antena de televisión e de dúas tubaxes tipo pozo, que constitúen un conxunto coas características propias dun uso residencial, aínda que sexa ocasional ou de fin de semana, sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, situadas no lugar da Picota, no termo municipal de Barreiros, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a María Amparo Sancosmed Lema, María Dolores Sancosmed Lema, Manuel Sancosmed Lema e a Pablo Sancosmed Lema, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte desta publicación.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba que concrete os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística