Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7528

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (643/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 643/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Sotelo Beltrán contra a empresa Falcón Contratas y Seguridad, S.A. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Resolvo:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante José Antonio Sotelo Beltrán, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Falcón Contratas y Seguridad, S.A. a que aboe ao demandante a cantidade de 4.004,41 euros polos conceptos reclamados na demanda, máis os xuros legais que correspondan, que serán do 10 % respecto da cantidade salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no mesmo termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza