Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7530

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 1077/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 (Reforzo) da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1077/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Gómez Corredoira contra Castellana de Seguridad, S.A., Falcón Contratas y Seguridad, S.A. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza nº 29/17.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento nº 1077/2015, seguidos ante este xulgado por instancia de José Manuel Gómez Corredoira, representado polo procurador Luis Painceira Cortizo e asistido da letrada Marina Santos Álvarez, contra Castellana de Seguridad, S.A., representada pola letrada María Carmen Romero Rodríguez, Falcón Contratas y Seguridad, S.A., que non comparece, e Fogasa, que tampouco comparece, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por José Manuel Gómez Corredoira e condeno a empresa Falcón Contratas y Seguridad, S.A. a que aboe ao demandante a cantidade de 8.396,75 euros, máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Absólvese a empresa Castellana de Seguridad, S.A. de todos os pedimentos deducidos na súa contra.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza