Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7526

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (553/2016).

María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 553/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Méndez García contra a empresa Servicios y Mantenimientos 2013, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución que se xunta:

Resolvo:

Que, estimando a demanda interposta por José Ramón Méndez García contra a empresa Servicios y Mantenimientos 2013, S.L., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante, e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 713,07 €. No caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden a 51,86 €/día.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no mesmo termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios y Mantenimientos 2013, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza