Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2017 Páx. 6850

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos de Salvaterra de Miño e Ponteareas (expediente IN407A 2016/616-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Cantoña, S.L.

Domicilio social: rúa José Fernández López, 2, 1º A, 36400 O Porriño.

Denominación: LMTA e CT Ponte Alta.

Situación: Salvaterra de Miño e Ponteareas.

Descricións técnicas: LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56, de 1.100 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 3 da LMT O Covaíño, no Covaíño, Lira, Salvaterra de Miño e final no centro de transformación proxectado. Centro de transformación sobre apoio metálico, de 100 kVA, con RT 20 kV/400-230 V, situado en Ponte Alta, Arcos, Ponteareas.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial; avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 28 de decembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 15. Municipio: Salvaterra de Miño; lugar: O Coto; polígono: 50; parcela 98; referencia catastral: 36050A050000980000PF; titular: descoñecido; afección: 1,69 m2 para o apoio nº 7.

Predio 19. Municipio: Ponteareas; lugar: Sisto; polígono: 62; parcela 842; referencia catastral: 36042A062008420000DL; titular: Manuel Álvarez Osorno; afección: 1,69 m2 para o apoio nº 9 e 135,22 m2 de voo correspondentes a 23,25 metros de liña aérea.

Predio 21. Municipio: Ponteareas; lugar: A Dicoita; polígono: 76; parcela 376; referencia catastral: 36042A076003760001FX; titular: Adolfo Pérez Martínez; afección: 279,89 m2 de voo correspondentes a 65,08 metros de liña aérea.