Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2017 Páx. 6849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2016/612-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Agrupación de Fabricantes de Aceites Marinos.

Domicilio social: polígono industrial Veigadaña. R/ As Baloutas 25, 36416 Mos.

Denominación: fotovoltaica no polígono Veigadaña.

Situación: Mos.

Descricións técnicas: instalación fotovoltaica de autoconsumo cunha potencia nominal de 149,94 kWP. Consta de 588 módulos e 4 inversores, 2 de 50 kW e 2 de 15 kW de potencia, instalados sobre a cuberta dunha nave industrial, ocupando unha superficie de 2.100 metros cadrados, situada no polígono de Veigadaña; rúa As Baloutas 25, Mos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 26 de decembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra