Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2017 Páx. 6852

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 1 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica unha resolución da desistencia da subvención do Programa de incentivos á contratación temporal de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, regulada na Orde do 29 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro), relativa ao expediente TR349L 2016/088-5.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación dos actos administrativos que se indican no anexo, no último domicilio coñecido do interesado sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa citada no dito anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra; rúa Concepción Arenal, 8-2º, Vigo (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertíndoa de que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra ela o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 1 de febreiro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: TR 349L 2016/088-5.

Nome: José Agulla Novas.

CIF/NIF: 53611820Q.

Último enderezo coñecido: calzada A Cividá, 29, 36930 Bueu (Pontevedra).

Tipo de axuda: incentivos á contratación temporal de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

Contido da resolución: declarar a desistencia da súa solicitude.

Data da resolución: 9.1.2017.