Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2017 Páx. 6807

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (443/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 443/2014 deste xulgado do social, seguido a instancia de Eugenia San Martín Prado contra Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., Global Sales Solutions Line, S.L., Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Cidadano, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2017

Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo nº 443/2014, seguidos por instancia de María Eugenia San Martín Prado, representada pola letrada Romero Salgado, contra as entidades Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L. (GSS Atlántico) e Global Sales Solutions Line, S.L. (GSS Line), representadas e asistidas pola letrada Trevijano Álvarez, contra a Fundación Pública de Urxencias de Galicia 061, representada e asistida pola letrada Tarrío Vila e contra a entidade Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano (GSE) e Fogasa, que non comparecen malia estar debidamente citados, sobre recoñecemento de dereito-cesión ilegal.

Fallo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Eugenia San Martín Prado contra as entidades Global Sales Solutions Line Atlántico,S.L., Global Sales Solutions Line,S.L, a Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 e a entidade Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Cidadano e, en consecuencia, debo condenar e condeno ás codemandadas a recoñecer á traballadora demandante o dereito á consideración de persoal laboral indefinido non fixo da Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061-Galicia, polo motivo de Cesión ilegal de man de obra, optando pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061-Galicia, cunha antigüidade na prestación de servizos desde o 22.4.2002, grupo IX e ser retribuída conforme á devandita antigüidade e categoría cos emolumentos salariais do Convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas.

Debo absolver e absolvo a Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese as partes de que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes-causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mando e asino.

A Letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestión de Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compotela, 24 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza