Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2017 Páx. 6804

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 513/2014).

Procedemento ordinario (PO) 513/2014 P

Sobre: ordinario

Demandante: Fernando Manuel de Rana Silva

Avogada: María Sol Romero Salgado

Demandados: Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., Global Sales Solutions Line, S.L., Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia

Avogados: María García-Trevijano Álvarez, María García-Trevijano Álvarez, (…), Fogasa, Sergas

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 513/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Manuel de Rana Silva contra Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., Global Sales Solutions Line, S.L., Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2017.

Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo número 513/2014, seguidos por instancia de Fernando Manuel de Arana Silva, representado pola letrada Sra. Romero Salgado, contra as entidades Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L. (GSS Atlántico) e Global Sales Solutions Line, S.L. (GSS Line), representadas e asistidas pola letrada Sra. Trevijano Álvarez, contra a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, representada e asistida pola letrada Sra. Tarrío Vila e contra a entidade Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano (GSE) e Fogasa, que non comparecen malia estar debidamente citados, sobre recoñecemento de dereito-cesión ilegal.

Decisión:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Fernando Manuel de Arana Silva contra as entidades Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L. e Global Sales Solutions Line, S.L., a Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a entidade Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano e, en consecuencia, debo condenar e condeno as codemandadas a recoñecerlle ao traballador demandante o dereito á consideración de persoal laboral indefinido non fixo da Fundación Pública Urxencias Sanitarias 06 l-Galicia, polo motivo de “cesión ilegal de man de obra”, optando pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061-Galicia, cunha antigüidade na prestación de servizos desde o 4 de abril de 2001, grupo IX, e ser retribuído conforme a dita antigüidade e categoría cos emolumentos salariais do Convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas.

Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírteselles ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza