Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 588/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Rufina Traba Pérez contra Porto Ronco, S.L., Ristauranti Tivolino, S.L., Pizzería Tivolino, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:
«Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.
Despedimento 588/2016.
Sentenza
En Santiago de Compostela o 20 de xaneiro de 2017.
Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos 588/2016, sobre despedimento, seguidos por instancia de Rufina Traba Pérez, asistida da letrada Sra. Cristina Goldar Soto, contra a entidade Porto Ronco, S.L., Ristauranti Tivolino, S.L. e Pizzería Tivolino, S.L.
Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Rufina Traba Pérez e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes na data da presente resolución, e condeno a empresa demandada a avirse á anterior declaración e a aboar á demandante unha indemnización de 22.802,10 euros.
Condeno, así mesmo, a empresa a aboar á demandante a cantidade de 11.488,78 euros como cantidades debidas en concepto de salarios, vacacións non gozadas e horas extra realizadas, máis o xuro de demora do 10 % sobre a devandita cantidade.
Notifíquese a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».
E para que sirva de notificación en legal forma a Porto Ronco, S.L., Ristauranti Tivolino, S.L. e Pizzería Tivolino, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2017
A letrada da Administración de xustiza