Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6684

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (578/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 578/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Muñiz González contra Robrosio, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Social da Mariña e Varepi, S.L., se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando a demanda interposta por Manuel Muñiz González contra o Instituto Social da Mariña (ISM), a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), Robrosio, S.L. e Varepi, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo condenar e condeno as mercantís Robrosio, S.L. e Varepi, S.L. a que, na súa respectiva responsabilidade, procedan á regularización das bases de cotización do demandante conforme as bases de cotización mensuais máximas para o grupo de cotización 3, nos meses de marzo, abril, maio, xuño e decembro de 2005; xaneiro, febreiro, marzo, abril e maio de 2006; de maio a decembro de 2008; e todos os meses do ano 2009. As bases de cotización correspondentes deben ser as de 2.813,40 €/mes para os meses referidos de 2005; 2.897,70 €/mes para os meses referidos de 2006; 3.074,10 €/mes para os referidos meses correspondentes ao ano 2008 e 3.166,20 €/mes para os meses referidos de 2009, e procederase á regularización, liquidación e aboamentos que correspondan ante o Instituto Social da Mariña e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

2. Debo declarar e declaro o dereito do demandante a que, para efectos do cálculo da súa pensión de xubilación, se lle recoñezan as bases de cotización indicadas no punto anterior, e condeno o ISM e a TXSS a se ateren á dita declaración e, en consecuencia, a que se proceda ao cálculo da base reguladora da pensión de xubilación do demandante conforme as ditas bases de cotización.

3. Debo condenar e condeno as mercantís Robrosio, S.L. e Varepi, S.L., na súa respectiva responsabilidade, ao aboamento das diferenzas que resulten na pensión de xubilación do demandante entre a pensión recoñecida conforme a base pola cal cotizaron nos meses sinalados (marzo, abril, maio, xuño e decembro de 2005; xaneiro, febreiro, marzo, abril e maio de 2006; os meses de maio a decembro de 2008 e todos os meses do ano 2009) e a que resulte conforme a base pola cal deberían ter cotizado (ano 2005 de 2.813,40 €/mes; ano 2006 de 2.897,70 €/mes; ano 2008 de 3.074,10 €/mes e ano 2009 de 3.166,20 €/mes), co deber de anticipo da prestación polo ISM, e isto sen prexuízo do dereito de repetición que lle corresponda ao ISM contra as mercantís demandadas conforme o artigo 126 da Lei xeral da Seguridade Social (LXSS).

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación (artigo 191.3.c) da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS)».

Para que sirva de notificación en legal forma a Robrosio, S.L. e Varepi, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza