Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6683

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 1/2017).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 1/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Maryeri Latorre García contra Rafael Sáenz de Heredia Area, sobre ordinario, se ditou a resolución en que se acorda:

Despachar orde xeral de execución da Sentenza do 28.4.2016, ditada no procedemento ordinario seguido ante este xulgado co nº de autos 595/15, a favor da parte executante, Maryeri Latorre García, fronte a Rafael Sáenz de Heredia Area, parte executada, por importe de 2.595,6 euros en concepto de 2.595,60 euros de principal e de 259,56 euros, que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan xerar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Rafael Sáenz de Heredia Area, en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza