Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6693

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (243/2015).

Procedemento de orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Fundación Laboral de la Construcción

Avogado: Adrián Núñez Fernández

Demandados: Cuadrafer, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 243/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral da Construcción contra Cuadrafer, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 243/2015. Son parte neste, como demandantes, a Fundación Laboral da Construcción, asistida polo letrado Sr. Núñez Fernández e, como demandada, Cuadrafer, S.L., que non comparece, malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base no seguinte

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Fundación Laboral da Construcción fronte a Cuadrafer, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar á demandante a cantidade de 319,80 euros, incluído o 20 % de interese por mora, con condena ao pagamento dos honorarios do letrado da parte demandante ata o límite legal.

Notifíquese a presente resolución ás partes, contra a que non cabe recurso.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cuadrafer, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza