Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6690

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (183/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 183/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Marcos Santos Rodríguez contra Nova Albariza, S.L. e Disalsa Gestión, S.L., sobre despedimento, se ditaron auto e decreto co seguinte:

Parte dispositiva

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, José Marcos Santos Rodríguez, contra Nova Albariza, S.L. e Disalsa Gestión, S.L, parte executada, por importe de 9.319,39 euros de principal, máis 106,94 euros de xuro legal máis 188,53 euros de incremento en dous puntos porcentuais do dito xuro desde o ditado da Sentenza do 1 de setembro de 2016 ata o seu completo aboamento máis 961,48 euros de xuros e custas da execución, sen prexuízo de posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da Lei de axuizamento civil (LAC). A executada quedará apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo do tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que podería incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza A letrada da Administración de xustiza

Parte dispositiva

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Disalsa Gestión, S.L. pola cantidade reclamada en concepto de principal e xuros devindicados, de ser o caso, ata a data da demanda, e, se non paga no prazo, dez días, ingresándoo na conta deste xulgado, aberta no Banco de Santander, co número 0049 3569 9200 0500 1274 (concepto transferencia 5076 0000 64 0183 16), procederase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola cal se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Disalsa Gestión, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e os gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionada, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impórselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Pór en coñecemento do Rexistro Público Concursal o ditado do Auto do 18 de xaneiro de 2016 polo que se despacha execución, con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra o cal se despachou execución (artigo 551.3. epígrafe final).

– Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación nesta executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Nova Albariza, S.L., dar audiencia previa á parte demandante, José Marcos Santos Rodríguez e ao Fondo de Garantía Salarial, polo termo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens. Do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 00301846420005001274 aberta no Banco de Santander, e indicar no campo «Concepto» Recurso seguido do código «31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación «Recurso» seguida de «31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo «Observacións» a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de notificación en legal forma a Nova Albariza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza