Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6695

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (ETX 124/2016).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 124/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Josefa García Piedra contra a empresa Inés Cela Regueiro, sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada Inés Cela Regueiro en situación de insolvencia total polo importe de 4.055,59 euros como indemnización por despedimento e uns salarios de tramitación de 6.564,67 euros calculados desde a data do despedimento ata a data do auto 9.9.2016, sen prexuízo das responsabilidades legais que correspondan ao Fondo de Garantía Salarial.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación, do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado do social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0124 16. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274 e no campo do concepto deberase indicar o número de conta 5076 0000 64 0124 16. Se se efectuaren diversos pagamentos na mesma conta, deberase especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe».

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de justicia