Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2017 Páx. 6407

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1185/2016).

Secretaría Sra. Freire Corzo//MDM

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 1185/2016

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 806/2013 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Alejandro Costas Boullosa

Avogada: Rosa María Tarrago Nesta

Recorridos: Reale Seguros Generales, S.A., Seguros Catalana Occidente, S.A. de Seguros y Reaseguros, Graniblok, S.A., Basilio Vives, S.A, Granirrosa, S.L., Generali España, S.A. de Seguros y Eeaseguros, AXA Seguros Generales, S.A., de Seguros y Reaseguros, MGS Seguros y Reaseguros, S.A., Aseguradores Agrupados, S.A. (Asegrup), Basilio Vives Alija, Basilio Vives Falco, administración concursal Jocacoba (Víctor Chinchilla Galindo), Jocacoba, S.L.

Avogados: María Isabel García de Dios García, María José Lago Lago, Beatriz Lago Gómez, Manuel Ángel García Álvarez, Carlos Domingo Fontán Domínguez, Fidel Díez Udias, Gumersindo Paz Rey, Carlos González-Novo Martínez, Manuel Ángel García Álvarez, Manuel Ángel García Álvarez

Procuradores: María Tamara Ucha Groba, María Dolores Luisa Villar Pispieiro, José Antonio Castro Bugallo, Ricardo Estévez Cernadas, María Tamara Ucha Groba

Edicto.

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social del Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1185/2016 desta sección, seguidos por instancia de Alejandro Costas Boullosa contra Reale Seguros Generales, S.A., Seguros Catalana Occidente, S.A. de Seguros y Reaseguros, Graniblok S.A., Basilio Vives, S.A., Granirrosa, S.L., Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, AXA Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, MGS Seguros y Reaseguros, S.A., Aseguradores Agrupados, S.A. (Asegrup), Basilio Vives Alija, Basilio Vives Falco, administración concursal Jocacoba (Víctor Chinchilla Galindo) e Jocacoba, S.L., sobre outros dereitos de Seguridade Social, se ditou resolución o 21 de decembro de 2016, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Non proceden as solicitudes de aclaración, emenda e/ou complemento das compañías de seguros Reale, Generali e AXA. Procede a solicitude de aclaración, emenda e/ou complemento da compañía de seguros MSG, que debe quedar absolta. Notifíqueselles ás partes e advírtaselles que contra esta resolución non cabe ningún recurso. Non obstante o dito no parágrafo anterior, mentres debe entenderse que este auto se integra na resolución á cal aclara, corrixe, emenda ou complementa, o prazo para interpoñer o recurso que caiba contra esta resolución reiníciase a partir do momento en que as partes sexan notificadas deste auto. Se algunha das partes interesadas nestas actuacións xa presentase, prepárase ou anúnciase o pertinente recurso contra a resolución aclarada, corrixida, emendada ou complementada, a súa actuación repútase válida para todos os efectos, sen prexuízo de que, á vista deste auto, poida completala no prazo que con el se abre. Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por este noso auto. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Granirrosa, S.L. e Jocacoba, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza