Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-01868-O-2016 e sete máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-01868-O-2016 e sete máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2017

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-01868-O-2016

0188-FCP

Lodri 2015, S.L.

B70448550

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

31.5.2016; 12.06; AP9; 79,5

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-01960-I-2016

C1900AK

Juan José Miguens Miguens

76776977X

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

20.7.2016; 12.20.05; AC-301; 0,100

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-02501-I-2016

1736-GXJ

Leotrans 3000

B70294566

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

3.11.2016; 12.10; N-634; 709,50

Art. 141.4 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-02863-O-2016

3660-DWK

Altruanis, S.L.

B70380464

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

8.10.2016; 9.10; AC840; 30,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

XC-02877-I-2016

5395-GFS

Honorio Vega, S.L.

B33627001

O exceso igual ou superior ao 2,5 % e inferior ao 10 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %.

27.10.2016; 11.52.07; AP9F; 25,200

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

366 euros

XC-02897-I-2016

2959HGN

Grupo Amosa 2015, S.L.

B70459235

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 33 %.

1.12.2016; 11.29.54; N-550; 37,100

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

3.600 euros

XC-02899-I-2016

3899-FPY

Transportes Alvite Peón, S.L.

B70410394

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

2.11.2016; 10.20; AC-552; 68

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-02900-I-2016

C-1900-AK

Juan José Miguens Miguens

76776977X

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %.

20.7.2016; 12.20.05; AC-301; 0

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

325 euros