Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da obra de construción do centro de recuperación da fauna silvestre de Cotobade, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: rúa San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=109011.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 81/2016 CN.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición do obxecto: construción do centro de recuperación de fauna silvestre de Cotobade.

c) Lugar de execución: Cotobade, provincia de Pontevedra.

d) Prazo de execución: cláusula 2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares e epígrafe D do seu cadro de características.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 45215120-4.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 3.6.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 567.658,91 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 567.658,91 €.

b) Importe total: 686.867,28 €.

6. Garantías exixidas:

Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE) 28.382,95 €.

7. Subcontratación: de acordo co establecido na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 04, categoría 3.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en día inhábil o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade: a sinalada na cláusula 3.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: rúa San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

10. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: rúa San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora de apertura dos sobres B.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio