Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2017, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas en expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00022-O-2014 e catro máis).

A persona titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou as resolucións dos recursos de alzada presentados nos expedientes sancionadores número LU-00022-O-2014 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no enderezo que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na Praza de Europa, 5A, 2º en Santiago de Compostela.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2017

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Fecha-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

LU-00022-O-2014

9835-FPD

Transportes Javier García Santos, S.L.

B15853740

Atenuante. Carecer do ou dos correspondentes precintos regulamentarios.

3.12.2013; 7.30; A-6; 523,00

Art. 141.25 en relación co art. 140.20 LOTT

Art. 143.1.k) en relación con h) LOTT

601

Desestimado

OU-01625-O-2014

2135-BKN

María Daniela Burda

X9229526V

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

30.8.2014; 17.32; A-52; 150,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801

Desestimado

XC-00104-O-2014

9282-HGM

Darwin Roberto Tabango Checa

X5864404W

Transporte de mercadorías perigosas sen a carta de porte preceptiva para as mercadorías perigosas transportadas.

17.9.2013; 9.55; AP-9; 25,500

Art. 141.25 en relación co art. 140.15.8 LOTT

Art. 143.1.K) LOTT

801

Desestimado

XC-01165-O-2014

2469-CBD

Transportes Javier García Santos, S.L.

B15853740

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

18.2.2014; 11.15; AC-552; 56,5

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801

Desestimado

XC-01899-O-2014

6667-HCR

Gori Transbur, S.L.

B09408444

A condución durante máis de cinco horas, aínda que sen exceder as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

15.1.2014; 17.28; A-6; 560,0

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401

Desestimado