Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5780

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2017, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00299-O-2015 e seis máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou as resolucións dos recursos de alzada presentados nos expedientes sancionadores LU-00299-O-2015 e seis máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2017

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción imposta

LU-00299-O-2015

6618-FKT

Transtanoa, S.L.

B94028263

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

5.2.2015; 16.00; N-120; 493,3

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 €

LU-00301-O-2015

6618-FKT

Transtanoa, S.L.

B94028263

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

5.2.2015; 16.02; N-120; 493,3

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 €

LU-00304-O-2015

6618-FKT

Transtanoa, S.L.

B94028263

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

5.2.2015; 16.03; N-120; 493,3

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 €

LU-01113-O-2015

6052-DTY

Almafrio, S.L.

B73691511

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

5.6.2015; 07.00; A-8; 593,0

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 €

PO-02257-O-2014

6618-FKT

Transtanoa, S.L.

B94028263

A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas.

10.6.2014; 18.20; PO-531; 5,2

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 €

XC-01825-O-2015

5570-CWV

Pedro Ruibal Costa

35477176K

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

24.3.2015; 10.32; AP-9; M 1,5

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 €

XC-02591-O-2014

9941-FVB

Gran Vía-Flota, S.L.

B75043117

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

18.2.2014; 16.14; N-VI; 577,5

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 €