Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2017, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00043-O-2016 e doce máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores número LU-00043-O-2016 e doce máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas en praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

No caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2017

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00043-O-2016

6494-HBH

Trami Trucks World, S.L.

B70307293

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

18.12.2015; 3.10; A6; 497,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

LU-00083-O-2016

6494-HBH

Trami Trucks World, S.L.

B70307293

Diminución do descanso diario reducido superior ao 50 por cento (sobre 9 horas). Menos de 4 horas e 30 minutos.

18.12.2015; 3.10; A6; 497,0

Art. 140.37.1 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

2.000 euros

LU-00097-O-2016

7881-CNK

Servicarsoil, S.L.

B27356088

A utilización dunha mesma folla de rexistro dos tempos de condución e descanso por un período de tempo superior ao que corresponda, cando dese lugar a unha superposición de rexistros que impida a súa lectura.

28.12.2015; 13.00; AG64; 55,9

Art. 140.25 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

LU-00215-O-2016

1736-GXJ

Leotrans 3000

B70294566

Non levar inserida no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que esta non obre en poder seu.

12.1.2016; 19.29; A6; 461,0

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

OU-00017-O-2016

2815-HFL

Nieto Ares, S.L.

B36283331

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

11.12.2015; 17.12; A-52; 203,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

OU-00159-O-2016

5725-HHY

Transportes Urbanos Personalizados

J32423600

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 28 %.

18.1.2016; 11.21; OU-1018; 1,2

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.600 euros

PO-00272-O-2016

3660-CYW

Salexma Logística, S.L.

B27794874

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

7.9.2015; 19.35; PO531; 10,5

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-00737-O-2016

8736-BZH

Escenarent, S.L.

B36463446

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

20.10.2015; 11.50; N541; 84,9

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-00810-O-2016

B-4462-MH

Olivica de Hormigones, S.L.

B32455305

A realización de transporte ao amparo de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumplen algunha das condicións do art. 102.2 LOTT.

3.11.2015; 11.50; PO542; 5,5

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-00997-O-2016

9646-FVW

Xanela Inversiones, S.L.

B36531671

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

4.11.2015; 20.45; PO531; 3,5

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-01011-O-2016

PO-6514-AF

Palcos y Carpas Paco Salcedo, S.L.

B36343630

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior al 35 %.

17.11.2015; 13.00; PO531; 4,5

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros

PO-01267-O-2016

NA-0819-AV

Resau Suministros, S.L.U.

B94107141

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

9.12.2015; 16.04; AP9; 137,5

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-03345-I-2015

1130-DDM

Ramón Blanco Porto

76863327H

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

21.12.2015

Art. 140.12 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros