Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2017, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00062-O-2016 e dezaoito máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución dos expedientes sancionadores número LU-00062-O-2016 e dezaoito máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas en praza de Europa, 5 A, 2º, en Santiago de Compostela

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

No caso de conformidade coa resolución sancionadora, as persoas interesadas deberán aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobro pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2017

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00062-O-2016

4630-BGP

Transhemapo, S.L.

B98723109

Diminución do descanso diario reducido en máis de 1 hora (sobre 9 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

14.12.2015; 7.45; A6; 484,0

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

LU-00063-O-2016

4630-BGP

Transhemapo, S.L.

B98723109

A condución durante máis de cinco horas, aínda sen rebasar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

14.12.2015; 7.45; A6; 484,0

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

LU-01489-O-2015

M-2384-LX

Aipra Sistemas, S.L.

B81784233

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP, se o obtén no prazo de 6 meses desde a data da denuncia.

21.9.2015; 9.23; N-120; 498,1

Art. 140.18 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

LU-01755-O-2015

1311-HGS

Transportes Tamborileras B2, S.L.

B73830044

Diminución do descanso diario reducido en máis de 1 hora (sobre 9 horas). Atenuante-igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

21.10.2015; 11.13; N-642; 29,0

Art. 142.19 LOTT

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

PO-00068-O-2016

PO-0149-BK

Distribuciones Marmel, C.B.

E27744614

O exceso igual o superior ao 15 por cento e inferior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 23 %.

3.8.2015; 5.13; N550; 115,1

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

1.000 euros

PO-00597-S-2016

PO-4897-BN

Patricia Osorio Álvarez

36149773Y

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

24.9.2015; 7.55; rúa Venezuela

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-00671-O-2016

4229-HLM

Tecnopol Sistemas, S.L.

Transporte de mercadorías perigosas en bultos etiquetados ou marcados inadecuadamente.

8.10.2015; 4.15; A55; 10,0

Art. 141.5.12 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-00738-O-2016

1774-DCX

Magalpes, S.L.

B36873800

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

20.10.2015; 15.21; AP9; 137,5

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-01022-O-2016

8327-BJP

Loperomatrans, S.L.

B27781228

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

18.11.2015; 8.16; AP9; 137,5

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-01038-O-2016

0651-GKP

Augusto dos Santos, Pedro

76711324E

A falta de identificación do condutor nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, consistente en non consignar os apelidos e/ou nome, ou non consignar toda a información cando as normas da UE reguladoras da materia atribúanlle a consideración de infracción moi grave.

10.11.2015; 17.15; AP9; 137,5

Art. 141.25 en relación co Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra h) LOTT

601 euros

PO-01585-O-2016

2463-GMJ

Jorge Daniel Maquieira Carreiro

36129630B

O exceso igual ou superior ao 15 por cento e inferior ao 25 por cento sobre la MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 17 %.

12.11.2015; 11.29; P9; 137,5

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

850 euros

PO-01594-S-2016

1625-CCD

Celestino Rosada Silva

35557711X

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

1.12.2015; 9.10; rúa Sanjurjo Badía

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-01605-S-2016

5086-CBV

Armando y Enrique Distribuciones, S.L.

B27735968

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

24.12.2015; 10.35; travesía de Vigo con rúa Aragón.

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

PO-03742-O-2015

5419-CTJ

Estructuras Metalicas Sertec, S.L.

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

10.6.2015; 17.08; N525; 295,1

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-04109-O-2015

7924-FHF

Nieto Ares, S.L.

B36283331

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

6.8.2015; 9.50; AG41; 0,4

Art. 141.21 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-00405-O-2016

0722-BCV

Arias Logística y Transporte, S.L.

B27288521

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

1.12.2015; 11.00; A6; 557,5

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-01419-O-2016

2608-FSY

Trami Trucks World, S.L.

B70307293

A condución durante máis de cinco horas, aínda que sen pasar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

29.12.2015; 11.43; AP-9; 79,500

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-04184-O-2015

5762-GGB

Transtanoa, S.L.

B94028263

A condución durante máis de cinco horas, aínda que sen pasar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

17.9.2015; 19.41; N634; 709,5

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-04268-O-2015

2888-CVD

Trans Coruña, S.L.

B15743560

Carecer dos extintores que resulten obrigatorios en función do vehículo ou a carga transportada, ou dispoñer duns cuxa correcta utilización non estea garantida.

21.9.2015: 9.50; N550; 80,5

Art. 141.5.3 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros