Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2017 Páx. 5588

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira

EDICTO de notificación de sentenza (399/2012).

Eu, Inmaculada Pulido Domínguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira (A Coruña) fago saber que nos autos de proceso ordinario tramitado ante este xulgado co número 399/2012, foi ditada a sentenza, con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentenza 75/2016.

Ribeira, 1 de xuño de 2016

Vistos por Sonia María Cartamil Obelleiro, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira, os presentes autos de xuízo ordinario, seguidos ante este xulgado co número 399/2014, nos cales é parte demandante a comunidade de propietarios da urbanización O Rial-Xeneral número 16-22 de Pontecesures e os propietarios José Manuel Buceta Potel, Óscar Sorribas Pérez, Susana González Magán, Vanesa García Ares, José Carlos Sorribas Pérez, Roberto José Lojo Rodríguez, Noelia Calviño Doval, José Ángel Corbelle Magariños, Manuela Rodríguez Vicente, Ángel Antonio Seco Gómez, Yolanda García Boo, Diego Maximiliano Galmarini Araujo, Berenice Araujo, Horacio Matanzas Rivas, Margarita Vieites Seoane, Gerardo Jamardo Pardal, Celia Campos Pérez, Juan Carlos Castaño Tubío, Encarnación Piñeiro García, Daniel Eduardo Amondarain Martínez, Stella Maris Camparada Mosquera, José Antonio Cortes Duro e María Dolores González Eiras, todos eles representados pola procuradora Mercedes Treus Blanco e asistidos polo letrado Emilio Rasilla Garma, e parte demandada a entidade Fincas Cesures, S.L., en rebeldía procesual Manuel Rey Ruibal, representado pola procuradora Elena Ramos Picallo e asistido polo letrado J. Estarque Moreno e contra Cristina García Fontán, representada pola procuradora Montserrat Vidal Rivas e asistida polo letrado Vicente Rodrigo Díaz. Versa a lide sobre reparación de vicios construtivos ou, subsidiariamente, reclamación de cantidade ou, subsidiariamente, acción de responsabilidade contractual.

Decido:

Que debo desestimar e desestimo por prescrición da acción a demanda interposta polo procuradora Mercedes Treus Blanco, en nome e representación da comunidade de propietarios da urbanización O Rial de Pontecesures, e demais propietarios consignados no encabezamento desta resolución, contra Cristina García Fontán, representados pola procuradora Montserrat Vidal Rivas e contra Manuel Rey Ruibal, representados pola procuradora Elena Ramos Picallo e, en consecuencia, debo absolver e absolvo os citados demandados das pretensións exercidas contra eles, todo con expresa imposición de custas á parte demandante.

Así mesmo, debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta pola procuradora Mercedes Treus Blanco, en nome e representación da comunidade de propietarios da urbanización O Rial de Pontecesures, e demais propietarios consignados no encabezamento desta resolución contra a entidade Fincas Cesures, S.L., en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno a citada entidade a realizar as obras necesarias para reparar as deficiencias contidas no informe pericial da entidade Altha Patología Constructiva y Estudios Técnicos, S.L. (f.513 a 517), así como levar a cabo a conexión eléctrica e a realización das obras necesarias, e tamén tramitacións e autorizacións para a legalización dos servizos esenciais da instalación eléctrica e instalación do centro de transformación sinalado polo perito xudicial José Manuel Barba Vázquez e, para o caso de non as levar a cabo, atenderase, para a determinación da indemnización, ao custo de reparación contido nos citados informes; todo sen facer expresa imposición das custas canto á demanda presentada contra Fincas Cesures, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes e advírtaselles que, contra ela, cabe interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, que se deberá presentar ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde a súa notificación.

Advírtese ás partes que a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal do Banco Santander, S.A., na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial.

O depósito da expresada suma deberase acreditar ao preparar o recurso de apelación, a cuxo escrito se achegará copia do comprobante ou da orde de ingreso, requisito sen o cal non será admitido a trámite. Están exceptuados da obriga de constituíren o depósito os que teñan recoñecido o dereito a asistencia xurídica gratuíta.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia».

E, para que conste e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a codemandada Fincas Cesures, S.L., en situación de rebeldía procesual, cuxo paradoiro e o do seu representante legal son descoñecidos, expido este edicto.

Ribeira, 11 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza