Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2017 Páx. 5591

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (55/2013).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 55/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcelino Rodríguez Cousillas contra Industrias Gelucho Romar, S.A., Hijos GR Carpintería 2001, S.L., Reale Seguros Generales, S.A., Galibrokers, S.L., Portomen, S.L., Seguros Catalana Occidente, S.A. de Seguros y Reaseguros, sobre ordinario, se ditou a Resolución do 2 de xaneiro de 2017 contra a cal se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Industrias Gelucho Romar, S.A., Hijos GR Carpintería 2001, S.L., Galibrokers, S.L., Portomen, S.L. en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2017

O letrado da Administración de xustiza