Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2017 Páx. 5233

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1142/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 1142/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Fremap, mutua colaboradora coa Seguridade Social nº 61, contra Madefabri Leidy 2020, S.L., Francisco Lata Cortes, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que estimando a demanda que en materia de cantidade foi interposta pola Mutua Fremap, mutua de accidentes de traballo, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a entidade Madefabri Leidy 2020, S.L., debo condenar e condeno a entidade Madefabri Leidy 2020, S.L., a que reintegre á mutua a cantidade de 25.337,52 € en concepto de prestación por incapacidade permanente parcial, derivada do accidente de traballo sufrido por Francisco Lata Cortes cando prestaba os seus servizos para esta entidade, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa, e con absolución de Francisco Lata Cortes das accións exercidas contra el. Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Así, por esta a miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5, Pilar Carreira Vidal».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Madefabri Leidy 2020, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza