Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2017 Páx. 5231

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (610/2014).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 610/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel López Rey contra R Bordex Unión, S.L., Fogasa sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza cuxos antecedentes de feito e decisión se reproducen literalmente:

«Sentenza.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2017.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 610/2014 en que son parte, dun lado como demandante Miguel López Rey, asistido polo letrado Julio Rego Mouriño, e como demandado R Bordex Unión, S.L., que non comparece, con intervención procesual de Fogasa, que non comparece, sobre cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza.

Antecedentes de feito.

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda lle correspondeu ao Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decido.

Que, estimando en parte a demanda interposta polo demandante Miguel López Rey, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa R Bordex Unión, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.510,79 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuro por mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e que deberá anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco (5) días contado a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

Igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

Para que sirva de notificación en legal forma a R Bordex Unión, S.L., e ao seu administrador único Hipólito Suárez Lema, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza