Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2017 Páx. 5229

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (655/2014).

F02 Faml. gard., custdo. ali. fill. menor non matri non C655/2014

Procedemento orixe: /

Sobre outros familia incidentes

María Vanesa Rodríguez Lemetre

Procuradora: Angélica García Carnota

Avogada: Pilar Abalo López

Demandado: Manewessoue Tchedie

Eu, Raquel Romero Iglesias, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Vanesa Rodríguez Lemetre fronte a Manewessoue Tchedie con data do 15.4.2015 ditouse sentenza, cuxo fallo é o seguinte:

«Sentenza nº 55/2015.

Fallo:

Que, estimando substancialmente a demanda presentada pola procuradora Sra. García Carnota, en nome e representación de María Vanesa Rodríguez Lemetre, contra Manewessoue Tchedie, en situación de rebeldía procesual, acórdanse as seguintes medidas reguladoras dos efectos da ruptura da unión de feito integrada polos mesmos respecto do fillo común:

a) Atribúese a garda e custodia do menor a María Vanesa Rodríguez Lemetre, correspondendo a patria potestade a ambos os proxenitores.

b) O pai gozará dun réxime de visitas respecto do menor en sábados alternos das 16.00 ás 20.00 horas sen pernoita, debendo recoller e reintegrar ao menor no domicilio materno.

c) Establécese unha pensión de alimentos a cargo do proxenitor non custodio por cantidade de 150 € mensuais que abonará dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria que para ese efecto designe a actora, e que se actualizará anualmente conforme ao Índice de Prezos ao Consumo do Instituto Nacional de Estatística, así como o 50 % dos gastos extraordinarios do menor, na forma explicitada no fundamento xurídico cuarto.

Non se fai especial pronunciamento en materia de costas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra a mesma cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días, contados a partir daquela tivese lugar, para ser resolto pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que leva neste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asino».

E atopándose o devandito demandado, Manewessoue Tchedie, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma ao mesmo.

Vilagarcía de Arousa, 16 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza