Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2017 Páx. 5234

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de auto (ETX 202/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 202/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ana Varela González contra a empresa Sergio Nogueira Iglesias, sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

Dispoño: despachar orde xeral de execución de sentenza do 14.10.2016 ditada no procedemento de despedimento 367/16 a favor da parte executante, Ana Varela González, contra Sergio Nogueira Iglesias, parte executada, coa intervención do Fogasa, polo importe de 5.591,95 euros en concepto de principal, máis outros 559,19 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co que a executada fica apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a Sergio Nogueira Iglesias, co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a indagación de bens do executado.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Sergio Nogueira Iglesias, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza