Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2017 Páx. 5123

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 9 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CIG, CCOO, CSI-F e UGT sobre os bombeiros forestais e a súa segunda actividade.

Advertidos erros na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 14, do 20 de xaneiro de 2017, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 3.194 no punto I, onde di:

«Primeiro. Modifícase o anexo de categorías do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia engadindo á denominación das categorías de peón, peón-condutor, xefe/a de brigada, condutor de motobomba e oficial forestal de defensa contra incendios forestais, vinculadas á prevención en extinción de incendios forestais, o termo “bombeiro/a forestal”, de forma que o nome das categorías sinaladas muda para quedar do seguinte xeito:

V.14. Bombeiro/a forestal peón.

V14.a Bombeiro/a forestal peón-condutor/a».

Debe dicir:

«Primeiro. Modifícase o anexo de categorías do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia modificando a denominación das categorías de peón, peón-condutor, xefe/a de brigada, condutor de motobomba e oficial forestal de defensa contra incendios forestais, vinculadas á prevención e extinción de incendios forestais, o termo “bombeiro forestal”, de forma que o nome das categorías sinaladas muda para quedar do seguinte xeito:

V.14. Bombeiro/a forestal.

V.14.a. Bombeiro/a forestal condutor».

Na páxina 3.196:

No primeiro parágrafo da disposición común primeira, onde di: «A Administración iniciará os trámites para a funcionarización do persoal de prevención e extinción de incendios forestais, comezando no ano 2017 coas categorías profesionais que se acorde coas organizacións sindicais»; debe dicir: «A Administración iniciará os trámites para a funcionarización do persoal de todas as categorías de prevención e extinción de incendios forestais comezando no ano 2017 coas categorías profesionais que se acorde coas organizacións sindicais».