Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 5012

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (304/2014).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 en substitución do Xulgado número 4 da Coruña, da fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 304/2014 por instancia de Emilio Núñez Villar contra a empresa Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., o seu administrador concursal, a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (desistida) e o Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, nos cales recaeu sentenza o 10 de xaneiro de 2017 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Emilio Núñez Villar fronte a Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., o seu administrador concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e, en consecuencia:

Condena a empresa Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A. a aboarlle ao demandante a cantidade de oito mil trescentos sesenta e sete euros (8.367 euros), e os conceptos salariais devindicarán os xuros moratorios do 10 %.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2017

O secretario xudicial