Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 5014

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e de citación (TCD 17/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de terzaría de dominio 1/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Baltasar Rodríguez Liste, José Manuel Requeijo Tojo, Juan Carlos Ferro Castro, Jorge Luis Gómez López, Raúl Alexander Bueno Silva, Manuel Zas Oca, Manuel Ramón Calvo Fernández contra Excavacións Migasa, S.L., sobre despedimento, foron ditadas as seguintes resolucións:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, doce de xaneiro de dous mil dezasete.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Por decreto do 6.2.2014 ditado na ETX 17/14 acordouse o embargo dos seguintes vehículos como propiedade de Excavacións Migasa, S.L.:

– Matrícula 1393GBF, vehículo mixto adaptable marca Citroën, modelo Jumpy, con número de bastidor VF7XC9HUC64143700.

– Matrícula C2892AS, camión marca Nissan, modelo M 130 17, número de bastidor VSKM132FEKB334623.

– Matrícula C3799J, furgoneta mixta marca Land Rover, modelo 88 diésel, número de bastidor E-57704193.

– Matrícula R2367BCF, semirremolque marca Galucho, modelo SGB2 6085 V0 D, número de bastidor TX2SGB2DM32702631.

– Matrícula R2362BCF, semirremolque marca Galucho, modelo SGB2 6085 V0 D, número de bastidor TX2SGB2DM32702630.

– Matrícula C 1796 CJ, todoterreo marca Kia, modelo Sportage, número de bastidor KNEJA5555Y5459917.

– Matrícula C2437BX, vehículo mixto adaptable marca Citroën, modelo Berlingo 1.9 D, número de bastidor VF7MFD9BE65161228.

– Matrícula 1431FLT, tractocamión marca Iveco, modelo AD400T45WT, número de bastidor WJMN1VTS40C180565.

– Matrícula 6425FLM, tractocamión marca Iveco, modelo AD400T45WT, número de bastidor WJMN1VTS40C178637.

– Matrícula C00387R, semirremolque canteira, marca Fruehauf, modelo RX 75560, número de bastidor RX-75560.

– Matrícula C02265R, semirremolque marca Leciñena, modelo SRG 3 ED, número de bastidor VSR0D0341ML033373.

– Matrícula C3087AJ, camión marca Renault, modelo DG 210 20, número de bastidor VSYA20B9GHM069230.

– Matrícula C0609AW, furgoneta mixta marca Nissan, modelo Patrol, número de bastidor VSKAPG260U0529212.

– Matrícula C7646BG, vehículo mixto adaptable marca Nissan, modelo Patrol, número de bastidor JN1WYGY60U0893780.

– Matrícula 6916CML, camión marca Iveco, modelo MP380E35W, número de bastidor WJMF3TPU00C116627.

– Matrícula 8461CPG, camión marca Iveco, modelo MP380E35W, número de bastidor WJMF3TPU00C126344.

– Matrícula E1667BCN, pa escavadora marca Liebherr, modelo A 912 LITRONIC, número de bastidor 358164.

Segundo. En data 21.12.2016 tivo entrada neste órgano xudicial un escrito presentado polo procurador Rafael Mario Trigo Trigo en nome e representación de Maquinaria J. Aurteneche Distribución, S.L., na súa calidade de terceiro, invocando o dominio dos seguintes bens embargados na ETX 17/14 o día 6.2.2014, como propiedade de Excavacións Migasa, S.L.; déase copia do escrito ás partes comparecidas na presente execución:

– Matrícula 6916CML, camión marca Iveco, modelo MP380E35W, número de bastidor WJMF3TPU00C116627.

– Matrícula 8461CPG, camión marca Iveco, modelo MP380E35W, número de bastidor WJMF3TPU00C126344.

– Matrícula 1431FLT, tractocamión marca Iveco, modelo AD400T45WT, número de bastidor WJMN1VTS40C180565.

– Matrícula R2367BCF, semirremolque marca Galucho, modelo SGB2 6085 V0 D, número de bastidor TX2SGB2DM32702631.

– Matrícula R2362BCF, semirremolque marca Galucho, modelo SGB2 6085 V0 D, número de bastidor TX2SGB2DM32702630.

– Matrícula 6425FLM, tractocamión marca Iveco, modelo AD400T45WT, número de bastidor WJMN1VTS40C178637.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 595 da LAC, subsidiariamente aplicable na xurisdición social, que, respecto da lexitimación para interpor terzaría de dominio, poderá instala quen sen ser parte na execución afirme ser dono dun ben embargado como pertencente ao executado e que non o adquiriu deste unha vez trabado o embargo. Igualmente poderán interpor terzarías para o alzamento do embargo os que sexan titulares de dereitos que, por disposición legal expresa, se poidan opor ao embargo ou á realización forzosa dun ou varios bens embargados como pertencentes ao executado.

O requisito lexitimador do terceirista cúmprese neste caso, polo que procede a admisión da devandita solicitude.

Segundo. Conforme o disposto no artigo 260.2 da LXS, para a admisión da solicitude de terzaría de dominio será necesario que á solicitude se se lle xunte título en que se funde a pretensión cunha anticipación á data sinalada para a celebración da poxa non inferior a quince días, o que acontece no presente caso.

Admitida a solicitude, conforme o punto 3º, seguirase o trámite incidental regulado nesta lei e suspenderanse as actuacións relativas á liquidación dos bens discutidos ata a resolución do incidente.

Terceiro. Dispón o artigo 238 da LXS que as cuestións incidentais que se promovan en execución se tramitarán citando de comparecencia, no prazo de cinco días, ás partes, que poderán alegar e probar canto ao seu dereito conviñer, e concluirán por auto ou, se for caso, por decreto, que se deberán ditar no prazo de tres días.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño:

1. Admitir a trámite a solicitude de terzaría de dominio presentada respecto dos seguintes bens embargados:

– Matrícula 6916CML, camión marca Iveco, modelo MP380E35W, número de bastidor WJMF3TPU00C116627.

– Matrícula 8461CPG, camión marca Iveco, modelo MP380E35W, número de bastidor WJMF3TPU00C126344.

– Matrícula 1431FLT, tractocamión marca Iveco, modelo AD400T45WT, número de bastidor WJMN1VTS40C180565.

– Matrícula R2367BCF, semirremolque marca Galucho, modelo SGB2 6085 V0 D, número de bastidor TX2SGB2DM32702631.

– Matrícula R2362BCF, semirremolque marca Galucho, modelo SGB2 6085 V0 D, número de bastidor TX2SGB2DM32702630.

– Matrícula 6425FLM, tractocamión marca Iveco, modelo AD400T45WT, número de bastidor WJMN1VTS40C178637.

2. Déase traslado dos autos á letrada da Administración de xustiza para proceder ao sinalamento para a celebración da comparecencia prevista no artigo 238 da LXS e suspéndanse as actuacións relativas á execución dos bens discutidos ata a resolución do incidente.

3. Lévese testemuño da presente resolución ao procedemento principal de execución de que dimana esta peza separada ETX 17/14.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnala: mediante recurso de reposición que se presentará dentro dos tres días hábiles seguintes ao de notificación, cuxa mera interposición non suspenderá a executividade do que se acorda (artigo 186.1 da LXS).

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, doce de xaneiro de dous mil dezasete.

1. Segundo o acordado por S.Sª en auto ditado no día da data, consultada a axenda de sinalamentos deste xulgado para os efectos de sinalar incidente de execución do artigo 238 da LRXS para celebración da vista da terzaría, sinálase para o efecto o próximo día 21.2.2017 ás 11.00 horas na sala de audiencias núm. 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas.

2. Cítense as partes, o terceirista e o Fogasa, que deberán comparecer con todos os medios de proba de que tenten valer.

3. A citación á executada Excavacións Migasa, S.L. verificarase por medio de edicto que se publicará no DOG, tendo conta que se acha en paradoiro descoñecido.

4. A citación ao terceirista e ás demais partes comparecidas na execución entenderase practicada coa notificación da presente resolución.

5. Conforme o acordado por S.Sª en auto do día da data, suspéndense as actuacións relativas á execución dos bens discutidos ata a resolución do incidente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavacións Migasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza