Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 5024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de denegación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2016/0190).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de denegación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Lugo; rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición do recurso, a resolución será firme para todos os efectos.

Lugo, 16 de xaneiro de 2017

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/pasaporte

LU-2016/0190

Madalin-Claudiu Nica

Nicoleta-Mirela Joita

Y04058785N

Y05120007Z