Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 5023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 14 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza para o trámite de audiencia a persoa interesada no procedemento de solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2013/0067).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se menciona no anexo a apertura do trámite de audiencia no procedemento de solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, porque non foi posible realizar a notificación persoal ao interesado (expediente LU-2013/0067).

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días a partir da publicación deste anuncio para presentar por escrito as alegacións, documentos e/ou xustificacións que considere pertinentes.

O expediente mencionado atópase á disposición da persoa interesada na sede da Xefatura Territorial de Lugo, na rolda da Muralla, 70-1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 14 de decembro de 2016

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/pasaporte

LU-2013/0067

Joao Luiz Barreto Boaventura

Y2688770S