Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 5025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se notifican as resolucións ditadas nos recursos de alzada interpostos en materia de establecementos públicos da provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se especifican no anexo as resolucións dos recursos de alzada que se relacionan interpostos contra as resolucións ditadas en expedientes sancionadores tramitados na provincia de Pontevedra por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Para coñecer o contido íntegro das resolucións que se sinalan no anexo a este anuncio os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que as resolucións relacionadas no anexo esgotan a vía administrativa e que poderán interpor recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, sen prexuízo de que poidan presentar calquera outro recurso que consideren conveniente.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza

ANEXO

Nº expediente

Recorrente

Enderezo

Establecemento

Acto notificado

Sentido do acto notificado

PO-54/2015

María Jesús Romero Cores

R/ Rodrigo de Mendoza, 7, baixo 36600 Vilagarcía de Arousa

(Pontevedra)

Os Barriles

Resolución do recurso de alzada

Inadmisión

PO-70/2015

María Jesús Romero Cores

R/ Rodrigo de Mendoza, 7, baixo 36600 Vilagarcía de Arousa

(Pontevedra)

Os Barriles

Resolución do recurso de alzada

Inadmisión