Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2017 Páx. 4461

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 243/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 243/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Villar Horta contra Galicarbo, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto:

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González.

En Santiago de Compostela, vinte e sete de decembro de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Primeiro. José Antonio Villar Horta solicitou a execución da sentenza nº 543/2016, con data do 20.9.2016, ditada no procedemento DSP 543/2016 fronte a Galicarbo, S.L. e Fogasa.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O exercicio da potestade xurisdicional xulgando e facendo executar o xulgado, corresponde exclusivamente aos xulgados e tribunais determinados nas leis e nos tratados internacionais (artigo 117 CE e artigo 2 LOPX).

O artigo 237.2 LXS establece que a execución de sentenzas firmes será levada a cabo polo órgano xudicial que tiver coñecido do asunto en instancia, polo que corresponde a este Xulgado do Social número 1 o despacho da execución deste título xudicial.

Segundo. A execución iniciarase por instancia de parte e, unha vez iniciada esta tramitarase de oficio ditándose para o efecto as resolucións necesarias (artigo 239 LXS).

Terceiro. Despois de transcorrer o termo establecido no artigo 279 LXS, sen que conste que a empresa demandada procedese á readmisión do/s traballador/es no prazo e condicións legalmente previsto, corresponde, de conformidade co establecido no artigo 280 LXS, despachar execución do resolto en sentenza.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Dispoño:

– Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante José Antonio Villar Horta fronte a Galicarbo, S.L., Fogasa, parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 LXS e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para vista do incidente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de orzamentos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada          A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela, dous de xaneiro de dous mil dezasete.

Despois de presentar o traballador José Antonio Villar Horta exixindo o cumprimento polo empresario Galicarbo, S.L.U. da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución con data do 27.12.2016, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

– Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 28.2.2017 ás 13.45 horas para a realización da comparecencia.

De non asistir o/ow traballador/es ou comparecer quen o/os represente teráselle/s por desistido/s na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante realizarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación da demandada Galigarbo, S.L.U. por medio de edictos, tendo en conta que se atopa en ignorado paradoiro.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá perante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Galicarbo, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza