Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2017 Páx. 4459

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (207/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 207/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Mutua Colaboradora coa S.S. número 201 contra Francisco Tomás Cruz Alejos sobre Seguridade Social, se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Sentenza: 409/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: Seguridade Social 207/2014.

Demandante: Mutua Galega de Accidentes de Traballo.

Letrado: Sr. Estebanez Juega.

Demandado: Francisco Tomás Cruz Alejos.

A Coruña, 22 de setembro de 2016.

Decido:

Admito a demanda presentada pola Mutua Galega de Accidentes de Traballo fronte a Francisco Tomás Cruz Alejos e, en consecuencia, condeno este a reintegrar á primeira a suma indebidamente percibida en concepto de prestación de IT que ascende a 1.433,72 euros.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Francisco Tomás Cruz Alejos, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 5 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza