Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4180

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (991/2013).

PO procedemento ordinario 991/2013

Demandante: María Dores Miramontes García

Avogada: María Teresa Míguez Castelos

Demandados: Lobelle Turismos, S.L., Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 991/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores Miramontes García contra Lobelle Turismos, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2017.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 29 de outubro de 2013 tivo entrada neste órgano xudicial demanda presentada por María Dolores Miramontes García contra Lobelle Turismos, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial que deu lugar á incoación do procedemento ordinario 991/2013.

Segundo. A parte demandante presentou escrito de desistencia da demanda.

Fundamentos de dereito.

Único. Declarada pola demandante a súa vontade de abandonar o procedemento iniciado por ela, procede, de conformidade co establecido no artigo 20.3 da LAC, sobreser as actuacións.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo: ter por desistida a parte demandante da súa demanda e sobreser as presentes actuacións co arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Poderase interpor recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (artigo 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 1596 clave 64 N do Banesto, coa indicación “recurso” no campo do concepto seguida do código “31 Social-Revisión”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír a seguir da conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “código 31 Social-Revisión”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lobelle Turismos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza