Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4178

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (503/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 503/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Ríos Pulleiro contra Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., Mutua MC Mutual, Fogasa, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Eduardo Ríos Pulleiro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutual Midat Cyclops Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 1, Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L. e o Fogasa, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a prestación de incapacidade temporal correspondente ao período de IT por enfermidade común no que estivo incurso desde o 14.12.2012 ata o 15.4.2013 cunha base reguladora mensual de 1.750,96 euros (base diaria de 58,37 euros) e, en consecuencia a que se lle aboen en concepto de diferenzas xurdidas na prestación de IT entre o percibido e o que debeu percibir a suma de 47,47 euros brutos, e condeno os demandados a estar e pasar pola devandita declaración e a que lle aboen ao demandante a suma indicada de 47,47 euros brutos, condenando a Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L. como responsable directa da totalidade da devandita suma por razón da infracotización, sen prexuízo da obriga de anticipo da devandita cantidade por Mutual Midat Cyclops Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 1, e das accións de reembolso que lle correspondan a esta contra a empresa demandada por razón da infracotización, e con responsabilidade subsidiaria do INSS para o caso de insolvencia de Mutual Midat Cyclops.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia, debendo observarse, se é o caso, o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza