Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4176

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (2/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 2/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eladio Jesús Barco Montero contra Construcciones y Prefabricados Milladoiro, S.L., Fogasa, se ditaron resolucións cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Eladio Jesús Barco Montero, fronte a Construcciones y Prefabricados Milladoiro, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 13.010,51 euros en concepto de principal (9.646,87 euros + 200 euros de honorarios de letrado demandante + 3.163,64 euros de xuros do artigo 29.3 ET), máis outros 1.301,05 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no que, ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución».

«Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Construcciones y Prefabricados Milladoiro, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Eladio Jesús Barco Montero e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado, acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra esta resolución, cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones y Prefabricados Milladoiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza