Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4182

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (6/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 6/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Abel César Chacón Blanco contra Proxectos Ensino, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza cuxo encabezamento e fallo son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2016

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos de procedemento ordinario seguidos neste xulgado co número 6/2015, en que son parte, como demandante, Abel César Chacón Blanco, asistido pola letrada Sra. Romero Salgado, e como demandados o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), asistido polo letrado Sr. Crespi Rodríguez, e Proxectos Ensino, S.L., que non comparece, malia a súa citación en debida forma, pronunciou esta sentenza, en nome da súa maxestade o rei.

E cuxa resolución, di:

Resolución

Estímase parcialmente a demanda interposta por Abel César Chacón Blanco fronte ao Fogasa e Proxectos Ensino, S.L., declárase o dereito do demandante a percibir a cantidade de 314,35 euros da que debe responder o organismo demandado Fogasa, e condénanse as demandadas a estar e pasar por esta declaración.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Proxectos Ensino, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza